Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove un Entroido de Verán seguro e limpo

entroidoVeran

Responsabilidade e colaboración para que os espazos onde se celebra o Entroido de Verán de Redondela queden “o máis limpo posible”. É o chamamento que fai a concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, mentres desde o Concello ultiman os preparativos para unha das citas máis agardadas do verán na provincia. Policía Local e Nacional velarán pola seguridade durante a celebración da festa, que comezará coas actividades para público infantil e familiar ás 18.00 horas na pista da Xunqueira, a Praza de Ponteareas, o Campo da Petanca, a Praza da Torre e a Praza de Lenda.

As actividades no recinto do Campo da Feira comezarán ás 20.00 horas coa sesión DJ a cargo de Carlos González e Borja Rúa. Ás 21.30 arrancará a xa tradicional Gala Drag e os concertos arrancarán 23.00 coa banda A Quinkillada, ás 0.30 o artista galego Ortiga e ás 01.45 Dasoul. O DJ a Rodri Vegas será o encargado de pechar a festa de 02.45 a 04.00 horas. A concelleira de Turismo e Cultura, Rita Pérez, fai un chamamento á “responsabilidade” dos milleiros de participantes para que a celebración sexa “festiva pero sen indicentes”. Insta tamén ao público a utilizar as ducias de colectores para recollida de lixo que estarán distribuídos polos diferentes recintos da festa. En canto aos baños públicos serán máis de 70 os que se instalarán en distintos puntos de Redondela, varios deles con acceso para persoas con mobilidade reducida.

Rita Pérez, concelleira de Cultura e Turismo

Reforzo de transporte público

Activaranse servizos especiais de autobuses o 19 e 20 de agosto para facilitar os desprazamentos de ida e volta dende Vigo, O Porriño e a estación de autobuses de Pontevedra os días 19 e 20 de agosto. Así, para desprazarse ata Redondela, o sábado habilitaranse expedicións dende Vigo que sairán da Rúa Areal cada media hora dende as 18 ata as 23:30 horas. No Porriño, haberá opcións de viaxe cada hora con saídas dende a rúa Progreso dende as 18 ata ás 22 horas. En Pontevedra, tamén se activarán servizos cada hora con saídas dende a estación de autobuses dende as 18 ata ás 22.

Tamén haberá servizos de ida na madrugada do 20 de agosto que sairán do Porriño ás 00:30 e 02:30 horas e de Pontevedra cada hora, dende a 01:00 ata as 03:00 horas.

Para a volta, o sábado activaranse servizos cara Pontevedra con saídas de Redondela cada hora dende as 18:30 ata ás 22:30 horas e cara ao Porriño con saídas cada hora dende as 18:20 ata ás 21:20. Os servizos de volta cara Vigo realizaranse nos horarios habituais.

Na madrugada do domingo tamén se porán a disposición varias frecuencias. Cara a Vigo, sairán cada media hora dende as 1:30 ata as 6 horas. En dirección ao Porriño disporase de servizos ás 00:00, 01:00, 03:00, 05:00 e 06:00, e para desprazarse ata Pontevedra haberá viaxes cada hora dende as 01:30 ata ás 6:30 horas.

O obxectivo deste reforzo é facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental. A concelleira de Cultura, Rita Pérez, insta á mocidade a utilizar este transporte co fin tamén de evitar a saturación de coches en Redondela.

O reforzo do transporte público garante desprazamentos seguros

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta. Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG. A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará