Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira supera as previsións con 55 equipos e máis de 600 deportistas

MundialitoCasaPaco

Un dos equipos participantes do Grupo Casa Paco 81

A pista da Xunqueira acolle o XLVI Mundialito de fútbol sala en categorías inferiores. Está organizado polo Redondela FS e a Concellería de Deportes en colaboración con Casa Paco 81. É xa unha cita indispensable no verán de Redondela que vai máis aló dun torneo deportivo, e xa está consolidado como un evento social na vila. Disto dan mostra o elevado número de equipos inscritos, superando as previsións con cifras marca. Nesta edición son 55 equipos, 10 máis que o ano pasado, o que supón máis de 600 nenos e nenas competindo na pista da Xunqueira. Neste torneo participan non só equipos de Redondela, senón que chegan tamén moitos desde os municios veciños de Vigo, Soutomaior ou Pazos para vivir esta festa do fútbol sala.

Os máis pequenos son os protagonistas desta cita e espertan moita simpatía entre o público, xa que con menos de dous aniños algúns xa comezan a dar patadas ao balón. As categorías participantes van desde os “Chupetes” ata Infantil. Os partidos dispútanse os sete días da semana, de luns a domingo, entre as 19.00 e as 21.30 horas ata o 18 de agosto. O Grupo Casa Paco 81 mantense un ano máis como o club con máis equipos, un total de 17, dos que forman parte 180 nenos e nenas, mantendo así o mesmo número que en edicións anteriores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará