Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

40 locais únense ao Festival Artistas de Rúa nunha experiencia cultural e comercial

shopping+artistas

Redondela volve reunir actividades culturais e comerciais na tarde noite do venres 4, nunha xornada na que se dan cita a programación do Festival Artistas de rúa que organiza o Concello e a Shopping night, unha proposta comercial promovida dende a Asociación de Empresarios á que se suman máis de 40 locais comerciais da vila, quen nese día prolongan o seu horario de atención ao público ata a medianoite e ofertan os seus produtos con descontos adicionais.

A música de Joaquín Sabina soará na XXIV edición do Festival Artistas de Rúa que se desenvolverá o 4 de agosto e que inclúe un total de sete actuacións dende as 19:30 horas ata a madrugada. Pallasos, malabaristas, espectáculos de circo e maxia así como a música da banda “La penúltima Sabinera” conforman o programa desta edición con actuacións en rúas e prazas da vila.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O prato forte da xornada chegará xa ás 23:15 cun concerto na praza da torre a cargo de La Penúltima Sabinera “actualmente o máis grande tributo a Joaquín Sabina”. Cun directo coidado e emotivo conseguirá facer as delicias do seguidor do cantautor xienense e atraer novamente á vila a centos de veciños e veciñas e tamén visitantes “nun concello que é epicentro cultural e turístico” da bisbarra, en palabras da alcaldesa Digna Rivas.

Unha xornada na que, polo tanto, danse cita dous clásicos de Redondela “como son os espectáculos da programación de Artistas de Rúa e a Shopping Nigh que como principal atractivo ofrecen descontos e ofertas que se suman as rebaixas da tempada”,explicaba dende a Asociación de Empresarios, Julia Alonso. Tamén supón un xeito diferente de presentar a nova colección con descontos especiais e todo iso nun horario ampliado ata a medianoite.

Julia Alonso, Asociación de Empresarios de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará