Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

La Quinta e Sanma F.S. proclámanse campións no XLVII Mundialito da Xunqueira

mundialito xunqueira

Foto: Redondela FS

O torneo celebraba este ano a súa 47 edición, unha cita deportiva e social que durante as últimas semanas reuniu na pista da Xunqueira a centos de afeccionados a este deporte así como a uns equipos que se entregaron en cada unha das xornadas de competición. Chegará agora o relevo para as categorías inferiores coa participación dos máis cativos que a partir do vindeiro mércores 26 medirán as súa forzas nunha competición organizada polo Redondela FS e a Concellería de Deportes en colaboración con Casa Paco 81.

A competición nas categorías de cadete e sénior chegaba ao seu remate este sábado cunha tarde de fútbol e celebración onde tivo lugar a entrega de premios. Así na categoría cadete o campión foi o Sanma FS, segundo clasificouse o equipo de Obras Toucedo e Casa Botas 1 fíxose co bronce. O xogador Izan Melón proclamouse como mellor xogador desta categoría, mentres que o premio ao mellor porteiro foi para o gardameta de Casa Botas, Yeison González. O equipo Rodríguez e Couñago recibiu o premio á deportividade, galardón que na categoría senior foi para o equipo Royal Picasso.

Nesta categoría La Quinta proclamouse campión seguido de Rodavigo2 e Impernoroeste. O mellor xogador foi Iago Rodríguez do equipo La Quinta e o mellor porteiro Iván Rodríguez de Pub Aquelarre.

Dende a organización agradecen a colaboración do colectivo arbitral, o Concello de Redondela así como a todos os “xogadores, país e directivos do Redondela FS pola súa implicación”.

Un campionato que continúa agora coas categorías inferiores, xa que a partir do mércores os partidos estarán protagonizados por equipos desde os Chupete (nados entre os anos 2019 e 2021) ata os Infantís (nados en 2009 e 2010). Segundo as previsións da organización reunirán uns 45 equipos, o que supón congregar 500 rapaces disputando encontros na Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará