Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande acolle unha xornada sobre a dixitalización no sector turístico

Dixitalizacion-turismo.-Redondela

A Asociación de Empresarios de Redondela organiza hoxe no Centro de Interpretación da Batalla de Rande (Meirande) unha xornada dirixida aos asociados do sector turístico na que se abordarán os retos da dixitalización no sector e presentarase a última convocatoria aberta pola Axencia de Turismo de Galicia para a promoción da dixitalización.

A convocatoria de subvención para gastos derivados da transformación dixital está aberta até o próximo 7 de agosto e poderán concorrer distintas empresas do sector turístico: establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.

O acto, que terá lugar ás 17,30 horas no Meirande, contará coa presenza do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará