Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bueu imponse en Cesantes e anima a Liga Galega de Traiñeiras

RemoBUEU

Na LFG-F Chapela non ten rival e faise coas dúas bandeiras da fin de semana

No espectacular marco da enseada de San Simón celebrouse onte domingo a VII Bandeira Cesantes- Concello de Redondela da LGT-A. Unha xornada máis demostrouse o emocionante que está a ser a competición este verán. Nesta ocasión a vitoria foi para Bueu, e Tirán adiantou a Ares sobre a mesma liña de chegada. O resultado supón que Bueu queda a só catro puntos da líder da Liga. Chapela foi cuarta a tan só dúas décimas de Ares. Os anfitrións, Cesantes-Rodavigo, remataron na novena posición.

Ao sumar os resultados do sábado na XXXV Bandeira Princesa de Asturias, en Castropol, Chapela-Wofco ocupa a cuarta praza na xeral da LGT-A, e Cesantes-Rodavigo é décima.

Chapela non ten rival na LGT-F

Na Liga Feminina, onde participan barcos dos dous clubes redondeláns, o Chapela-Wofco está a dominar a competición de principio a fin, logo de facerse coas cinco bandeiras en xogo. Fixérono o sábado na I Bandeira Feminina Cesantes-Concello de Redondela e onte na II Bandeira Feminina Princesa de Asturias. Na xeral encabezan a clasificación con 35 puntos por diante de Mugardos-A Cabana e Rianxo, ás que avantaxan en 6 e 9 puntos respectivamente. A traíña de Cesantes-Cefycal, que se estrea na competición, ocupa un meritorio cuarto posto na xeral con 18 puntos.

Na LFG-F Chapela non ten rival e impúxose nas cinco bandeiras disputadas ata o de agora

O Grove acolleu a bandeira da LGT-B

A quinta traíña redondelá, o Chapela-Wofco B, compite na LGT-B cunha tripulación moi nova e está a facer unha gran temporada nas poucas regatas que teñen disputado. Onte foi a terceira coa XXXIX Bandeira Concello do Grove en Porto Meloxo. Os de Chapela foron cuartos, mesma posición que mantén na xeral. A Bandeira foi para Muros-Esteirana, primeira na xeral a un punto de Mugardos-A Cabana, que tamén foron segundos no Grove. En terceira posición acabaron os anfitrións, Amegrove, que tamén son terceiros na xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará