Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denunciados catro condutores por infraccións ao volante nunha mesma noite

poli control

Noite intensa para a Policía Local que tivo que intervir en numerosas ocasións ao sorprender ao volante un total de catro condutores por infraccións diversas que van dende conducir en estado ebrio, condución temeraria e falta de respecto a autoridade.

En Vilar de Infesta un condutor é investigado por un delito contra a seguridade viaria tras darse a fuga cando se atopou cun control conxunto realizado pola Policía Local e a Policía Nacional. O home deuse a fuga sendo interceptado o seu vehículo no aeroporto de Vigo. O condutor deu positivo na proba de alcoholemia cun de 0,83, intervindo tamén a Policía Local de Vigo, quen se fixo cargo das dilixencias por terse producido a detención no seu término municipal.

Durante a madrugada, noutro control realizado en Redondela, procederíase a sancionar a 2 condutores administrativamente por ter acadado tamén un resultado positivo nas respectivas probas de alcoholemia.

Finalmente, daríase o alto a outro condutor na entrada ao casco urbano de Redondela por estar a realizar unha conducción temeraria sendo sancionado por condución neglixente, por conducir un vehículo que presentaba 2 rodas que carecían de banda de rodaxe e completamente nos fíos e por falta de respecto a autoridade. A un dos ocupantes do vehículo intervíronselle ademais sustancias estupefacientes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará