Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campus multideporte para gozar do verán na praia de Cesantes

ceasntes

As Concellerías de Xuventude e Deporte organizan un campus multideportivo de Verán que se vai desenvolver dende o 17 ao 20 de xullo e do 31 de xullo ao 3 de agosto de luns a xoves en horario de 10:30 a 13:30. Orientado a menores empadroados en Redondela con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos, os participantes desenvolverán diferentes actividades deportivas da man de profesionais cualificados. As actividades realizaranse na praia de Cesantes.

O concelleiro de deportes Iván Valles estréase no departamento recuperando unha actividade “que tivo moito éxito o ano pasado, cando de implantou por primeira vez, e que busca dar tamén unha alternativa de ocio a unha franxa de idade que non ten oco noutras propostas orientadas a un público máis pequeño”.

Aproveitando ademais a vinculación de Redondela co mar búscase fomentar esa relación e aproveitar o escenario natural da praia de Cesantes para desenvolver  actividades novas como orientación, actividades na praia, paddlesurf, kayak, así como outras complementarias tales coma líquindi, pelexa de galos temática, xogo de cordas, xincana, obradoiro de nós.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro xeral do Concello ou por rexistro electrónico dende hoxe día 12 ata o venres 14. O número máximo de participantes será de 20 persoas e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O prezo é de 30 euros os catro días.

Obxectivos concellería

Malia que aínda aterrando no seu cargo “e facéndose coas dinámicas propias dun goberno local”, Valles tentará reunirse no prazo máis breve posible con todos os clubs deportivos que funcionan na bisbarra para coñecer as súas necesidades e demandas. O feito de ter estado vinculado durante anos tanto ao CD Choco como ao Grupo Casa Paco fai que sexa coñecedor ne gran medida da situación do deporte en Redondela e é consciente “de que o seu labor é poñer as ferramentas a disposición dos clubs para que poidan traballar e pelexar polas necesidades de infraestruturas que precisemos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará