Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunqueira reunirá uns 500 nenos no Mundialito de Fútbol Sala

XunqueioraCAsaPAco

Un ano máis, e van xa 46, a pista da Xunqueira acollerá a finais deste mes o Mundialito de Fútbol Sala en categorías inferiores que organizan o Redondela FS e a Concellería de Deportes en colaboración con Casa Paco 81. A competición nas categorías de cadete e sénior está xa en marcha, cun grande éxito de participación e de público. É xa unha cita indispensable no verán de Redondela que vai máis aló dun torneo deportivo e que está consolidado como un evento social na vila.

Rolan, directivo do Redondela FS

Rolan, directivo do Redondela FS, explica que reúnen equipos de toda a bisbarra. Nesta ocasión son un total de 27 e a competición está moi igualada.

Nas categorías cadete e senior compiten 27 equipos

A inscrición para as categorías inferiores está aberta ata o 20 de xullo, pero as prazas son limitadas. Poden participar equipos desde os Chupete (nados entre os anos 2019 e 2021) ata os Infantís (nados en 2009 e 2010). Segundo as previsións da organización reunirán uns 45 equipos, o que supón congregar 500 rapaces disputando encontros na Xunqueira. Moitos dos equipos chegan dede os municipios veciños de Vigo, Soutomaior ou Pazos para vivir esta “festa do fútbol sala”. Os máis pequenos son os protagonistas desta cita e espertan moita simpatía entre o público, xa que con tan só dous aniños algúns xa comezan a dar patadas ao balón.

Os máis pequeniños son os protagonistas absolutos do Mundialito

A competición comezará o 26 de xullo e rematará o 18 de agosto. Os interesados poden informarse no enderezo redondelafs@gmail.com ou no teléfono 604 105 346. Desde o club redondelán agradecen ao Concello de Redondela a súa implicación neste torneo, e tamén a colaboración do comercio local para facer posible un ano máis esta cita.

Casa Paco fai un chamamento á participación

Dende Casa Paco farán equipos para o mundialito da Xunqueira. No caso dos nenos e nenas nado entre 2015 e 2020 poden facelo no enlace https://app.cluber.es/clubes/64550e5607d1a476260915/pagos/645513152ea06972133129?fbclid=IwAR0Unr6jYbzufEgBZ4NiP6l62UALrzmLXXcWsRzmgMrK-HuwMzBsA_Rr7OE

Os nados en 2013 ou 2014 non deberás cubrir o formulario, senón enviar un correo electrónico a grupocp81@gmail.com indicando nome, apelidos, DNI e data de nacemento do xogador ou xogadora. O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de xullo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará