Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro gratuíto de limpeza de leiras na horta comunitaria de Redondela

obradoiro limpeza

A Fundación Formavigo presenta unha nova oferta formativa para este verán, un obradoiro de limpeza de fincas co uso de desbrozadora de disco e fío para persoas desempregadas ou en situación de dificultade. A actividades desenvolverase na horta comunicaría de Redondela na que participan sete persoas

O obradoiro realizarase na vindeira semana o mércores 12 e xoves 13 de Xullo en horario de 09:30 a 13:00 horas, na horta comunitaria situada na rúa do Muro, 22 (detrás de Mobles Domínguez). Estará composto por dúas partes: unha primeira parte teórica e unha segunda parte práctica. Na parte teórica explicarase as partes da maquinaria que se vai a utilizar e coñecemento das diferentes plantas que se poden atopar ao momento da limpeza. No seguinte día, na parte práctica, aprenderase a usar a maquinaria, cambios de cabezais (disco e fío) e ferramentas para a actividade que se vai a desenvolver.

Este obradoiro conta con 10 prazas e cunha beca de 5 euros/día para as persoas desempregas ou en situación de dificultade. As persoas asistentes deberán acudir con roupa cómoda e que cubra todo o corpo, calzado cómodo e guantes de xardinería. Á finalización do obradoiro, entregarase un diploma da realización do curso.

As inscricións poderán facerse a través do teléfono 600 060 146, o luns de 09:00 a 14:00 horas no Centro Sociocomunitario de Redondela (Paseo da Xunqueira, 27),  no correo electrónico formacion@fundacionformavigo.com ou na páxina web.

Este obradoiro forma parte do Programa Vivir co Rural financiado pola Xunta de Galicia dentro das liñas de financiamento dos fondos do 0,7 % d IRPF dedicado a programas sociais, proxecto que realizamos coa Asociación Boa Vida de Pontevedra, colaboradora desta formación, dentro das actividades de formación práctica no mundo rural como xeito para xerar ingresos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará