Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG rexeita entrar no goberno de Digna Rivas e seguirá na oposición

bng oposición

Os nacionalistas decidiron, na Asemblea Local celebrada este martes e “por ampla maioría” quedar fóra do goberno. Unha decisión que responde “a inestabilidade amosada polo equipo de Rivas” así como pola súa “falta de interese á hora de facilitar un goberno tripartito”. Conclúe así o período de negociacións que durante as últimas semanas levou a PSOE e BNG a reunirse en numerosas ocasións co obxecto primeiro de acadar un acordo de investidura e posteriormente un posible acordo de goberno. Malia non entrar no goberno o Bloque contará cun asesor como persoal de confianza dentro do concello.   

A decisión de non entrar no goberno pechouse na asemblea local celebrada este martes “onde se confirmou o sentir maioritario da militancia nacionalista” explica o cabeza de lista do BNG, Xoán Carlos González. Entende ademais que esta decisión é compartida tamén polos seus votantes

Conclúe así “un periplo de varias semanas nas que a organización nacionalista amosou sempre a flexibilidade que require un proceso de negociación, dándose pasos primeiro no apoio da investidura, e despois negociando de cara ao pleno de organización”. Insiste González en que o seu obxectivo “era asumir a alcaldía e, unha vez que iso non se logra, o proxecto do BNG pode desenvolverse dende a oposición”.

Entre os argumentos esgrimidos para non entrar no goberno destacan “a inestabilidade amosada estes últimos días dentro do equipo de Digna Rivas” malia que o principal motivo aducido fai referencia que “aínda que de palabra a alcaldesa afirmou en múltiples ocasións a vontade de que o BNG entrase no goberno, na práctica non amosou ningún interese por facilitar esta oportunidade”.

Neste sentido subliñan que a proposta económica de cara ao pleno de organización o Partido Socialista non contemplou partida orzamentaria ningunha para as hipotéticas áreas de goberno do BNG e acusan tamén ao PSOE de “non ser quen de trasladarnos un proxecto para Redondela ao que sumarnos”.

Tamén se fixo referencia na asemblea ao acordo asinado entre o PSOE e AER “que permite que o seu único concelleiro interfira noutras áreas do goberno, todo o contrario do esperado dun goberno tripartito que debería basearse na coordinación”.

Finalmente, dende o BNG amosan o seu compromiso a “traballar dende a oposición, con propostas en positivo que beneficien aos e ás redondelás” para o cal contarán cunha “persoa de confianza do Bloque no concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará