Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello repoñerá os paneis da exposición “Conquistadoras” destrozados en Chapela

conquistadoras

O goberno local, tras condenar os actos vandálicos acontecidos durante a madrugada deste luns no Paseo de Cardona en Chapela contra a exposición ‘Conquistadoras’, adiantou que os paneis “serán repostos o máis rápido posible e tomaranse as medidas necesarias como xa fixemos cos actos vandálicos contra o monumento aos asasinados no Alto de Concheira”.

Lembramos que os paneis desta mostra apareceron nalgúns casos arrincados e noutros con rachaduras feitas cun coitelo ou obxecto cortante, quedando moitos dos cubos completamente inservibles.

A alcaldesa Digna Rivas expresou o seu malestar tras o achado desta acción que “condenamos firmemente, pois estes actos alteran e enturbian os elementos públicos, de memoria histórica ou de igualdade de xénero. Como é o caso da exposición Conquistadoras, unha mostra que representa o compromiso deste Concello con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”.

Unha condena á que se sumaron tamén dende a Agrupación de Electores de Redondela así como a Asemblea Feminista Paxaretas quen insisten en que se trata de “actos misóxinos e non actos vandálicos” porque buscan agredir ás mulleres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará