Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabeiro acolle a presentación dun plan educativo específico para o rural galego

escolas rural

A Confederación Anpas Galegas presenta este mércores no centro recreativo de Cabeiros ás 18:30 horas, un estudo elaborado entre os anos 2020 e 2021 no que se recolle a necesidade de poñer en marcha un plan específico para as zonas do rural. Intervirán o presidente da Federación, Fernando Lacaci e a vicepresidenta, isabel Calvete.

A Confederación de ANPAS, á que pertence á Federación de ANPAS de Redondela, ten entre os seus obxectivos principais a defensa dun Ensino público no rural galego que se iguale en calidade e medios ao que poidan ter as zonas urbanas do país. Nesa procura veñen de elaborar un estudo baseado en tres piares: a visión das 400 anpas asociadas á federacións. A relación dunha enquisa en liña na que se debullaron as facetas da vida educativa rural e a organización de 4 foros especializados con persoas vinculadas profesionalmente co rural galego na que expuxeron unha visión formal dese rural que se estudou.

As conclusións deses traballos presentaranse este mércores ao tempo que se analizarán as conclusión nas que se recollen as necesidades a abordar para contrarrestar o principal problema detectado.  o abandono ao que está sometido por parte das administracións e poderes públicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará