Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Baloncesto de Redondela comeza as xornadas de portas abertas

331401446_1930639067268555_4530846379367018022_n

A partir do luns 5 de xuño calquera rapaz ou rapaza interesada no baloncesto poderá achegarse ao pavillón do IES Mendiño para probar os adestramentos da categoría que lle corresponda por idade. Dende a directiva do club explican que as xornadas de portas abertas son de balde e non se precisa experiencia previa no deporte.

Os adestramentos do Club de Baloncesto de Redondela son tódolos días lectivos da semana polas tarde con horarios distintos por categoría e que se poden consultar no Facebook ou no Instagram do club. Así por exemplo, os luns ás 19:30h adestra o equipo infantil masculino e o xoves ás 19:00h o equipo cadete feminino. O coordinador do club anima a participar,  asegurando unha experiencia divertida e saudable e que promete enganchar aos rapeces e rapazas a este deporte.

Para máis información  está a disposición do público o número de teléfono 722617212 e o correo electrónico tdeportivocbr@gmail.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará