Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero (Alternativa Veciñal Pazos): “É inaprazable desaloxar ao PP do poder”

alternativa veciñal

Alternativa Veciñal de Pazos podería acceder a alcaldía co apoio de BNG e PSOE unha vez que o PP non logrou revalidar a súa maioría absoluta. Todo pasa porque os tres partidos se entendan e cheguen a un pacto xa sexa de investidura ou de goberno. Otero entende que as formacións de esquerda van ser quen de chega a un acordo “polo interese da veciñanza”.

O PP de Pazos de Borbén logrou a vitoria neste concello, pero o actual alcalde, Andrés Iglesias terá difícil manter a alcaldía ao perder a maioría absoluta e quedar con 5 concelleiros fronte  aos seis edís que sumarían as tres formacións progresistas (Alternativa Veciñal 4, BNG 1, PSOE 1).

Agora é tempo de chegar a acordos para “lograr o cambio que cos seus votos pediu a veciñanza de Pazos”. Neste sentido o candidato de Alternativa Veciñal, Luciano Otero apunta que xa hai catro anos os votos para os partidos de esquerda foran máis “pero a división do voto unha vez máis favorecera ao PP que, por poucas papeletas, lograra a maioría absoluta”.

Nesta ocasión o resultado foi máis positivo para a esquerda e con eses números sobre a mesa entende que “hai unha urxencia por desaloxar ao goberno do PP de Pazos pola pésima xestión que realizan e por unha hixiene democrática xa que o PP demostrou que non ten límites nin escrúpulos para asegurarse o poder”, en referencia ás denuncias de xente que estaba empadroada en Pazos sen seren veciños de concello, carretaxe de votos…

Luciano Otero insiste en que sendo razoables e poñendo os intereses dos veciños por diante, o pacto non debería ser difícil de acadar “cada quen ten que ser consciente da posición ocupa, nos non podemos pedir o apoio gratuíto dos demais e tampouco ningún outro partido debe pedir máis que aquilo que lle concederon os veciños nas urnas, tendo iso claro non deberían existir atrancos para chegar a un acordo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará