Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG gobernará en Soutomaior tras “superar as súas mellores expectativas”

bng

“Soutomaior apostou polo cambio e fíxoo con contundencia” así o afirma o candidato do BNG, Manu Lourenzo quen accederá á alcaldía de Soutomaior tras 28 anos de gobernos do PP liderados por Agustín Reguera. Malia non lograr a maioría absoluta, si se converten na forza máis votada co cal lles serviría a abstención da representante do PSOE pra facerse co goberno (BNG, 6; PP, 6; PSOE, 1). O seu compromiso é “liderar un goberno no que se escoite e se teña en conta a todo o mundo”.

O aínda deputado no parlamento de Galicia xa adianta que en canto se constitúan as corporacións abandonará esas responsabilidades na cámara galega porque “”Soutomaior necesita unha dedicación as 24 horas do día e o 100% do tempo”. O primeiro que ten previsto facer como alcalde “é reestruturar a forma de facer goberno e de relacionarse coa cidadanía” e comprométese a liderar “o goberno de todos os veciños e veciñas, non só dos que votaron polo cambio e no que se escoite e se teña en conta a todo o mundo”.

Quixo tamén agradecer publicamente os 28 anos de dedicación ao seu predecesor no cargo “malia non compartir a forma de facer política de Agustín Reguera e ter enormes diferenzas con el entendemos que fixo o que cría que era o mellor para o concello”.

Lembramos que o 28M deixou a vitoria en máns dos nacionalistas que acadaron un total de 2.147 votos fronte aos 1.954 votos obtidos polo actual alcalde en funcións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará