Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O nacionalista Manu Lourenzo arrebátalle a alcaldía de Soutomaior a Agustín Reguera

resultados soutomaior

O BNG accederá a unha alcaldía que nos últimos 28 anos estivo en mans dos populares. O actual alcalde de Soutomaior Agustín Reguera non foi quen de revalidar un cargo ao que accedera no ano 1995 e que terá que deixar tras perder a súa candidatura un concelleiro e quedar con seis representantes. Mesmo número de edís son os obtidos polos nacionalistas que logran ser a forza máis votada e que, todo apunta, contará co apoio da representante que logrou o PSOE, partido que ata o de agora estaba ausente da corporación.

O popular Agustín Reguera obtivo 1.954 votos fronte aos 2.147 apoios obtidos polos nacionalistas. O candidato do BNG, Manu Lourenzo, logrará así facerse cunha alcaldía que se lle resistira hai catro anos cando o PP lograra tan só 44 votos de diferenza co BNG. Nesta ocasión son os nacionalistas os que avantaxan aos populares por 194 votos.

Regresan tamén a corporación de Soutomaior os socialistas que nos últimos catro anos non contaban con representación neste municipio. Así, as 384 papeletas obtidas permitirá que a súa cabeza de lista, Silvia Cernadas, pase a ser concelleira nesta localidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará