Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inviste 36.000 euros na renovación das pistas de pádel

pistas padel

As instalacións deportivas permanecerá pechadas ata o vindeiro 27 de maio co obxecto de acometer as obras de renovación das 4 pistas de pádel. Esta actuación está dentro do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra e a obra foi adxudicada á empresa Baygarpor por un importe de 36.179 euros. En canto ás pistas de tenis, o orzamento está tamén aprobado pola Deputación de Pontevedra por un importe de 42.271 euros, polo que xa está en trámite o proceso de contratación. En total nas dúas actuacións investiranse 80.000 euros.

A actuación que se está a levar a cabo nas 4 pistas de pádel consiste na retirada da actual moqueta de céspede sintético que se pretende renovar. A continuación, sobre o pavimento existente, estenderase o céspede sintético. O pavimento elixido corresponde a céspede sintético homologado pola Federación Española de Pádel, tanto para uso amateur como para uso profesional.

Pistas de tenis

Por outra banda o concello tamén ten previsto acometer en breve a renovación das 3 pistas de tenis, onde se procederá a súa pavimentación e limpeza, lixado da superficie existente por medios mecánicos e a continuación a aplicación dun sistema mediante capas de resinas acrílicas do tipo sistema tennislife.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará