Os feitos tiveron lugar o pasado venres día 19 ás 19.30 horas segundo se recolle na denuncia presentada pola concelleira María Castro, quen se atopaba no interior do vehículo cando un home procedeu a coller unha cadeira da terrada do bar Luada e lanzala contra o turismo que nese intre circulaba pola rúa José Regojo. O agresor, un varón duns 40 anos de idade, foi identificado pola Policía Local e queda pendente de xuizo.
Ao tratarse dun vehículo electoral identificado coa cartelaría do PSOE e, ao non existir ningún tipo de relación entre os ocupantes do vehículo e o agresor, todo apunta a que se trataría dun feito vinculado coa campaña electoral, tal e como se recolle na propia denuncia presentada ante a Policía Nacional en Redondela “sospeitase que o individuo actuase de tal modo por ser contrario á ideoloxía política” que publicita o vehículo.
Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais e tan só leves desperfectos no coche no punto no que colidiu a cadeira.
Unha resposta
Qué triste, de verdade, pouca tolerancia…
Hoxe vin un altercado enfrente o día, entre dous vehículos e a verdade que menos bonitos dicían de todo, cola para entrar na vila dende Vilavella i o mellor de todo velos berrar, con rabia….. Non sei cómo poden estar as cabeciñas desta xente pero o que sí é certo é que teñen un problemiña nela.. A saúde mental de cada un non sei onde vai ir parar, pero máis de un debería mirala….