Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós insta ao Concello a corrixir os pictogramas por “vulnerar a ordenanza do uso do galego”

pictogramas

Entenden que os pictogramas que identifican os diferentes servizos e espazos municipais “rozan o ridículo” cando se inclúen textos en galego e en castelán. Explican que é completamente innecesario incluír a lenda “sala de reuniones” ou “escaleras” cando a sinal xa recolle o debuxo e o texto en galego “sala de reunións” e “escaleiras”. Lamentan que logo dun mes instando ao goberno local a que faga as correccións oportunas, os pictogramas segan sen corrixirse “tan só nalgúns se tapou a forma en castelán empregando cinta illante” e insisten en que se está a vulnerar a propia ordenanza do uso do galego de Redondela.

A Asociación Cultural Alén Nós, logo de denunciar o feito por rexistro e reunirse tanto co goberno local para instar a que corrixise a situación, así como con outras formacións políticas para denunciar o feito, valora agora recorrer aos tribunais. “Estamos a estudar presentar unha denuncia no xulgado” ante un feito que supón un desprezo ás políticas de normalización da lingua propia de Galicia e un incumprimento da propia ordenanza reguladora do uso do galego no concello de Redondela no que se establece que “os rótulos e sinalizacións da Casa do Concello, dos outros edificios e servizos públicos e da rede viaria municipal serán redactados en idioma galego. Cando o interese xeral o require, tamén se poderán redactar en castelán ou noutros idiomas”. Un “interese xeral” que insisten non sería este caso e non xustificaría “non xustificaría unha chafallada como a realizada”.

Andrés Laxe, Alén Nós

“Os cartaces colocados veñen devaluar o idioma xustamente nun concellos que dende hai máis de dúas décadas se caracteriza pola defensa do galego” apuntaba Guillermo Fontán.

Guillermo Fontán

Engaden que nestas negociacións do concello si se lles trasladou dende o goberno local a súa intención de corrixir o que eles entende é unha ilegalidade pero que o feito ata o de agora “reduciuse a tapar algúns dos textos en castelán con cinta illante” non é unha solución aceptable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará