Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón un convenio de colaboración para recuperar a cúpula do campanario de Reboreda

raio

Os nacionalistas entenden que a obra para recuperar este ben patrimonial que sufrira graves dano tras impactar contra ela un raio en marzo do ano pasado, podería sufragarse cun convenio a cambio de que a Igrexa ceda ao concello bens da súa propiedade. Estiman que a actuación ascendería a 300.000 euros.

O 8 de marzo de 2022 un lóstrego impactaba contra a cúpula do campanario de Reboreda, causando o derrube e graves danos deste elemento da igrexa parroquial, construída no século XVIII

Dende aquela procedeuse a enfrontar as obras de recuperación desta parte da igrexa, cun importante custo económico. Nos últimos meses iniciouse un proceso de información a toda a veciñanza para asumir as obras de rehabilitación, e volta ao seu estado orixinal. As estimacións que se barallan, roldan os 300.000€

Explica Xoán Carlos González que o BNG mantén o contacto directo co responsábel da Igrexa na parroquia e amosa o seu compromiso en resolver este problema pro tratarse dun “elemento patrimonial que cómpre recuperar”.

Neste sentido, nun acto na parroquia de Reboreda Xoán Carlos González anunciou a posibilidade de chegar a un acordo coa Igrexa para afrontar as obras de recuperación anunciando que “dende unha alcaldía do BNG estudiaríase asinar un convenio, polo cal o concello sufragaría as obras a cambio  de que a entidade relixiosa ceda outros bens dos que dispoña dándose así solución á necesidade de recuperar o campanario ato tempo que o concello sairía beneficiado aumentando o seu patrimonio”

Igualmente sinalou Xoán Carlos González, da oportunidade que supón do estudio de recuperación de  bens patrimoniais como neste caso o campanario. “Temos que sacarlle o máximo rédito para que a veciñanza en xeral e os especialistas en particular, poidan ter un bo coñecemento deste campanario”, salientou. “Estamos dispostos a desenvolver iniciativas de estudio e difusión do campanario da igrexa de Reboreda, pois moitas xeracións non puideron nin poderán estudialo dende tan cerca”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará