Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS xogará a final galega do play off de ascenso a segunda B tras derrotar ao Carballiño

vitoria pazos fs

O partido, disputado no pavillón Municipal de Pazos, rematou co resultado de 2-1 a favor dos locais, o que lle supón ao Pazos subir un chanzo máis no seu camiño cara o ascenso a Segunda B.  

Un pavillón ateigado ata a bandeira polos seareiros do equipo local así como por unhas 200 persoas chegadas dende a vila do Arenteiro, animaron un encontro onde ambas bancadas deron exemplo de convivencia e deportividade. Así, dende o Pazos non dubidan en dar un “dez as dúas afeccións” que asistiron a un partido cargado de emoción de principio a fin.

Chegábase ao descanso cun 2-0 grazas aos goles de Luis e Mario Paz nunha primeira parte onde o dominio e as ocasións alternáronse con dous equipos que pelexaban pola vitoria. Na segunda parte o Carballiño anotaba o 2-1 a falta de cinco minutos o que facía perigar a vitoria dos locais aos que lles tocou sufrir aguantando o empurre dos visitantes.

Logo de superar este primeiro encontro tócalle agora ao pazos preparar a final galega do play off que se disputará o vindeiro sábado ás 19:00 horas no pavillón de Santa Isabel de Santiago de Compostela ante o Stellae FS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará