Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obús, prato forte das festas da Coca

obús

A falta de coñecer polo miúdo a programación das festas da Coca que o concello dará a coñecer este mesmo venres e que se van desenvolver do 7 ao 11 de xuño, xa se sabe que un dos pratos fortes será a actuación de Obús, a lendaria banda de rock madrileña que actuará o venres 9 de xuño no Campo da Feira para ofrecer o seu heavy metal máis intenso.

Como adianto á programación deste ano, a Concellería de Cultura publicou xa as diferentes actuacións musicais que van ter lugar en Redondela durante as festas da Coca. En total 10 concertos onde non faltarán as orquestras e onde haberá oco tamén para os grupos locais.

A festa arrancará na noite do mércores 7 coa orquestra América de Vigo quen actuará ás 22:00 horas no campo da Feira. O venres a música contará coa presenza dos redondeláns RMS ás 21:00 horas, daralles o relevo o grupo Los Motores e a continuación actuará Sínkope, nunha noite marcada polos ritmos rockeiros e que pechará a mítica banda Obús.

Obús formouse en Madrid a principios da década de 1980, e non tardou en conectar co público que se identificaba coa súa música e as súas letras. Reivindicaron sempre a súa condición de grupo heavy metal, cuns concertos cheos de espectáculo

O sábado a programación musical abandona o rock máis duro e serán tres grupos ben diferentes os que se suban ao escenario do Campo da Feira: a orquestra Gran parada ás 21:00 horas, os redondeláns Chaleco Reflectante na medianoite e pechará a actuación de Bombai xa de madrugada.

A última das propostas musicais será o domingo coa Orquestra Cinema que actuará ás 22:00 hroas no campo da feira no que será o concerto fin de festa.

Xigantes e cabezudos

Dende o Concello teñen aberto o prazo de inscrición para aquelas persoas que queiran vivir as festas como xigante ou cabezudos. En total son precisas dúas persoas para faceren de xigantes, 20 para exercer de cabezudos e búscase tamén 1 mordomo. As persoas interesadas deben estar empadroadas en Redondela, ter cumpridos os 16 anos e inscribirse antes do 2 de xuño no rexistro do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará