Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arde unha camioneta na N-550 á altura de Cesantes

camioneta lume

Foto: Policía Local

Os feitos producíanse ás 16:30 horas de hoxe no Alto dos Tras e foi preciso cortar o tráfico na estrada o que provocou importantes retencións. Os tres ocupantes do vehículo resultaron ilesos, quedando a camioneta completamente calcinada e producíndose tamén danos nunha vivienda próxima polas elevadas temperaturas, segundo informan dende a Policía Local de Redondela.

O incendio afectou a un camión de impermeabilizacións que ía cargado cunha máquina de alquitran quente. Debido a temperatura prendeu lume e as lapas e trasladáronse tanto a lona como ao resto do vehículo en cuxo interior había varias bombonas que afortunadamente non estouraron. Os tres ocupantes do vehículo, que resultaron ilesos, tentaron apagar o lume nun principio con dous extintores pero non foron quen de sufocalo.

A camioneta quedou completamente calcinada e as lapas afectaron tamén a unha vivenda próxima, con persianas e cristais rotos e porta danada polas elevadas temperaturas.

Na extinción do incendio interviron axentes da Policia Local de Redondela, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Mos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará