Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Títeres celebran as Letras Galegas con trece actuacións a pé de rúa

Vida-1

Javier Aranda coa obra “Vida” é o encargado de  abrir a programación de sala esta mesma tarde cunha función ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Mañá mércores a proposta chegará da man dos franceses Bob teatre con dous pases de “Nosferatu” ás 18:00 e 21:00 horas. Con todo, as propostas principais serán nas rúas e prazas do concello con música e actuacións a cargo de sete compañías.

Spaguetti Titeres, Plansjet, Cachirulo, Trécola Producións, Pablo Picallo, La Gotera de Lazotea e Tanxarina son as sete compañías que neste 17 de maio animarán as rúas e prazas de Redondela no festivo das Letras Galegas. Actuacións na pista de Xunqueira, no palco da música, na Alameda, no campo da Petanca, na Casa da Torre, no Salgueiral e como niovidade nesta edición a praza de Ponteareas. Tampouco faltará a música con os Alecríns e Fanfarria Furruxa nunha xornada que arrancará xa ás 11:30 co acto institucional polo Día das Letras galegas.

Unha programación que hoxe conta tamén abre as actuacións de sala con Javier Aranda e a obra “Vida”, con personaxe que nacen, medran, reprodúcense e morren ante os nosos ollos o que fai da obra unha constante migración cara adiante. Unha obra multipremiada en feiras de teatro e títeres que se poderá ver ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira e da que nos falaba o propio Aranda.

Javier Aranda, actor e titiriteiro

Unha programación de sala que mañá continuará con “Nosferatu” unha obra de Bob téatre que nos leva ata o ano 1838 cando un mozo notario chamado Hutter avandona a cidade de VIvorg, deixando a súa muller apra percha unha venda cun home dos Cárpatos. No seu camiño acumula encontros ameazadores e malos agoiros. A última hora da noite chaga ao castelo onde é recibido polo conde Orlock, que semella un cruce entre un morcego e un dente de allo. O mércores ás 18:00 e as 21:00 horas.

As entradas para as funcións de sala teñen un prezo de seis euros e poderanse mercar dúas horas ante de cada función.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará