Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ingresa en prisión o reincidente de Ventosela que agredira un veciño cunha forcada

castiñeira san martiño

O veciño de San Martiño de Ventosela de 77 anos permanece ingresado no cárcere da Lama á espera de xuízo. Dáse a circunstancia de que o home, que agredira a semana pasada un veciño golpeándolle a cabeza cunha forcada, fora detido hai seis anos por un feito semellante, tras ferir en decembro de 2017 unha veciña cun sacho causándolle varios traumatismos e contusións.

Semellante “modus operandi” o empregado por este septuaxenario de Ventosela en ambos os dous casos nos que botou man dunha ferramenta de labranza para agredir aos seus veciños.

Se a semana pasada o agredido era un home de 54 anos que tivo que se trasladado en ambulancia ao hospital Alvaro Cunqueiro tras ser golpeado cunha forcada na cabeza que lle provocou unha brecha de importantes dimensións pola que sangraba abundantemente, hai seis anos a vítima fora una muller de 57 anos.

Naquela altura, lembran dende a Policía Local, a muller fora agredida cun sacho e unha pedra por parte do seu veciño, quen a golpeou causándolle varios traumatismos e contusións.

En ambos os dous casos, as persoas agredidas aseguran que o agresor actuou sen mediar conflito previo e que foron atacados sen motivo aparente.

Tras ser posto a disposición xudicial, o xuíz decretou o seu ingreso en prisión á espera de que se celebre o xuízo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará