Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debate sobre a Sanidade na Alameda

centro saúde

A Asemblea Pola Sanidade Pública de Redondela convoca un debate que terá lugar hoxe venres 12 de maio, ás 18:00 horas,  na Alameda Castelao no que participarán Daniel Boullosa por AER, Xoán Carlos González polo BNG, Alberto Pazos polo PP e Digna Rivas polo PSOE.

O obxectivo é que os representantes das diferentes forzas políticas que se presentan a o goberno de Redondela ás próximas eleccións municipais “se posicionen e afonden no estado actual da sanidade pública, así como da situación e as problemáticas que afectan aos Centros de Atención Primaria de Redondela e Chapela.

O colectivo veciñal convoca á cidadanía a asistir a este debate que estará moderado pola  xornalista Carolina Sertal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará