Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para a escola de verán do CR de Chapela

WhatsApp Image 2023-05-12 at 13.02.33

Foto do CR co patrocinador das categorías base, Torres e Carrera.

O CR de Chapela abre o prazo para inscribirse no campamento de verán 2023 que terá lugar nos meses de xullo e agosto de luns a venres en horario de 10:30h a 12:30h da mañá. Está dirixido a rapaces e rapazas a partir dos 7 anos e non precisa de experiencia previa no deporte.

A intención é atraer remeiros e remeiras para seguir aumentando os equipos base, pero tamén para facilitar a conciliación a pais e nais durante a época de vacacións escolares. Dende a directiva, Julio Prado, fai un chamamento a “todas as persoas que queiran probar un deporte distinto e conectado co mar para desfrutar de novas experiencias e divertirse sen importar o nivel”.

Entre os monitores está xa confirmada a presenza de Fran Ramiro, adestrador das categorías superiores. As actividades están centradas en xogos na Praia de Arealonga, andainas, piragua, wáter-polo, carreiras e sesións dedicadas tamén a técnica. Tamén impartirán charlas sobre o deporte no que profesionais do club ensinaran normas e explicaran as diferenzas entre banco fixo e banco móbil.

O prezo é de 60 euros un mes e de 100 euros os dous meses. Para a inscrición é necesario poñerse en contacto co Club de Remo de Chapela a través dos seguintes números de teléfono: 650 45 29 76 ou 986 42 29 76.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará