Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE aproba co apoio de PP e BNG reducir un 70% a conexión ao saneamento

pleno abastecemento

A modificación da ordenanza foi aprobada sen ningún voto en contra e suporá que as vivendas familiares que se conecten ás redes municipais de abastecemento e saneamento pagarán por cada unha destas taxas 360 euros, cantidades que ata o de agora ascendían a 900 e 1.200 euros respectivamente. PP e BNG, malia criticar que se trata dunha “proposta electoralista e oportunista” apoiaron a medida porque “vai beneficiar á veciñanza”. AER optou pola abstención.

A voceira do PSOE, María Castro defendía a proposta argumentando que o custe actual non se corresponde coa tramitación administrativa que é o que se está a cobrar por este concepto. Insistía en que reducir a taxa favorecerá que un número elevado de vivendas unifamiliares que potencialmente poden conectarse ás redes municipais non deixen de facelo polo elevado custe que iso implica.

Engadía ademais que “a diminución de ingresos pola rebaixa desta taxa verase compensada polo aumento das altas e así como un maior número de recibos trimestrais a cobrar”.

María Castro, PSOE

Unha iniciativa que o voceiro do BNG cualificaba de “proposta oportunista e electoralista coa que o equipo de goberno quere apuntarse un tanto rebaixando as taxas”. Afirmaba tamén que esta medida supón un fracaso na política económica e na política relacionada co saneamento nomeadamente en Cabeiro “agora buscan unha solución de última hora logo de tres anos”.

Xoán Carlos González, BNG

Tamén o voceiro do PP, Iván Crespo, criticaba aos socialista por entender que o motivo de traer esta proposta é “unha escusa para solucionar un problema que vostedes mesmos crearon en Cabeiro e non foron quen de solucionar” e unha proposta “froito da desesperación ante a proximidade das eleccións”.

Iván Crespo, PP

Dende AER aseguraron estar de acordo con baixar a taxa pero “esta rebaixa non está suficientemente estudada”. Criticaban tamén que só se beneficiarán realmente destas rebaixas aqueles que se atopan a pouca distancia da rede de saneamento.

Roberto Villar, AER

Malia as acendidas críticas da oposición, agás os edís de AER o resto dos concelleiros votaban a favor. O BNG xustificaba o seu apoio por entender que “a medida ten puntos positivos dende o momento en que a veciñanza se vai beneficiar da mesma”.

BNG

O PP facía unha reflexión semellante á hora de argumentar o seu voto a favor, malia engadir que se trataba dunha “chapuza” de proposta.

PP

Concluía a voceira do PSOE insistindo en que con esta rebaixa a administración está adecuando a taxa de saneamento e abastecemento.

PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará