Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER presenta unha programación ambiental como alternativa á campaña electoral

Rutas xa realizadas

A formación decide cambiar a fórmula centrada na convocatoria de mitins por unha xornadas abertas á participación da veciñanza que se desenvolverá do 12 ao 20 de maio. As actividades serán de balde e inclúen roteiros en Redondela e Chapela, unha actividade de orientación na Praia de Cesantes e un encontro de observación do ceo nocturno. A primeira das propostas será este venres  ás 18h, cunha ruta interpretativa polo río Maceiras.

A Agrupación de Electores de Redondela reinventa a campaña electoral clásica e aposta por convidar á veciñanza a unhas Xornadas de Eduación Ambiental que arrancará este mesmo venres e se prolongará ata o 20 de maio. “Como Agrupación, non compartimos o xeito de facer campaña dos partidos tradicionais, con mitins e malgasto de cartos en publicidade”, comentan desde a Agrupación “a nosa idea é destinar esta partida económica a actividades que revertan na propia veciñanza. Nesta caso, afondaremos nun dos eixes fundamentais do noso programa o medioambiente, con actividades para fomentar o consumo responsable e sostible, partindo ademais do coñecemento da nosa contorna máis próxima”.

As Xornadas de Educación ambiental contan con seis actividades nas que hai cabida para rutas interpretativas, charlas, andainas, observacións nocturnas, xogos de orientación por equipos ou rastrexos de fauna. Realizaranse en distintas localizacións, están deseñadas para diferentes tipos de públicos e serán dinamizadas por empresas e colectivos de educación ambiental. En canto aos temas abordaranse desde clasificación e tipos de especies árbores da ribeira, compostaxe comunitaria, conservación de patrimonio, observación astronómica, coñecemento da fauna e dos seus hábitos de vida ata os tesouros da Rede Natura 2000 que temos ao noso carón, as especies de algas e a súa bioloxía. Tamén haberá espazo para xogos por equipos e de orientación pensados para os máis peques da casa.

Todas as actuacións son de balde e requiren de inscrición de previa no enderezo electrónico: info@aeredondela.com ou no móbil: 647 126 712.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará