Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de iniciación á Lingua de Signos en Redondela e Chapela

lengua designos

A actividade, que se impartirá na nova Oficina de Turismo en Redondela do 9 de maio ao 29 de xuño e na Aula Cemit de Chapela do 24 de maio ao 3 de xullo, ten aberto o prazo de inscrición no rexistro do concello.

A Concellería de Servizos Sociais organiza dous cursos presenciais de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas. Unha actividade que busca dar resposta a alta demanda deste tipo de cursos que facilitan a aprendizaxe dunha unha lingua que favorece a comunicación coas persoas xordas e facilitar a súa integración social.

O curso, que ten unha duración de 30 horas lectivas, impartirase os martes e xoves na nova Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños, 2) en horario de mañá de 11h a 13h e os luns e mércores na Aula Cemit de Chapela (Rua Manuel Rguez Casal, 3) en horario de tarde de 16:30h a 19:00 horas. A inscrición debe realizarse no rexistro do Concello de Redondela e terán prioridade ás persoas que non participaran nos cursos destas características.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará