Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños da Fonte do Mouro aseguran que a reforma da praza provoca filtracións nos seus edificios

fonte do mouro

Residentes dos edificios número 1 e 2 da praza da Fonte do Mouro, actualmente en reforma, critican unha obras que aseguran están “mal executadas o que provocou que nada máis comezar a chover xa se produciran charcos e filtracións aos seus sotos”. Dende o goberno insisten en que “as obras están sen terminar, que se está empregando material de alta calidade e que esta actuación suporá unha importante mellora para a zona”. Adiantan tamén que se está traballando na creación dunha zona de estacionamento co aluguer dunha parcela.

Os veciños destes inmobles 1 e 2 da praza insisten en que os “materiales usados lles parecen de baixa calidade, que a obra está chea de deficiencias e que xa se produciron filtracións nos seus baixos”. Aseguran que a zona “está chea de charcos cando iso non pasaba anteriormente” e responsabilizan desta situación a que se empregara na obra “area prensada mal nivelada, adoquíns e cemento” pero tamén ao feito de que a praza presente un gran desnivel e non haxa beirarrúas máis altas que a calzada para frear a auga.

Critican tamén que se eliminen as prazas de estacionamento que antes había nesta zona e que non teñan acceso para pasar co coche “para que poidan subir as persoas maiores ou incapacitadas e para carga e descarga de residentes e negocios” sevizo dos que din “antes si tiñamos e agora foron anulados tal e como se ten deseñado a praza”.

Critican tamén que aqueles que dispoñen de praza de garaxe “levan 15 días sen poder acceder porque non lles permiten o acceso”.

Supervisión técnica

Unhas queixas das que no concello aseguran non ter rexistro algún. Con todo, explican que as obras aínda están sen rematar e que en todo momento están a seren supervisadas polos técnicos. No que se refire aos materiais empregados aseguran que en ningún caso son de mala calidade “o feito de que se empreguen materiais diferentes da pedra non quere dicir que vaian dar mal resultado, ao contrario, son materiais novos que funcionan mellor que a pedra”.

Insisten en que esta humanización suporá “a mellora da rúa Picota, a praza da Fonte do Mouro e a contorna da Capela de Santa Mariña creándose unha zona continua, segura, accesible e onde o tránsito peonil será protagonista”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará