Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas presenta a súa candidatura formada “polos mellores” para recuperar a alcaldía

javier bas

“Veño a ser o alcalde de todos os redondeláns, dos que me voten e tamén dos que non me voten” asegurou Javier Bas na presentación da súa candidatura nun Convento de Vilavella ateigado de público e que contou co apoio do presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, nun acto no que pediu o apoio dos seus afiliados e simpatizantes para volver ocupar a alcaldía de Redondela, como xa o fixera entre os anos 2011 ata 0 2019.

“Teño  o proxecto, o equipo e as forzas para facer de Redondela o concello que merecemos, se nos votades Redondela volverá estar nas mellores mans” con esas palabras pedía o apoio dos votantes para a súa formación política.

Bas presentou a súa candidatura na que figuran como número 2 a que tamén fora concelleira de Economía e Facenda Ana Alonso, a exedil de obras María José Barciela ocupa o número tres seguirá do exconcelleiro de medio ambiente, Miguel Angel Alvarez Ballesteros. Recupera tamén na súa lista a quen o acompañara como edil de deportes, Julio Mougán quen ocupa o número 5.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará