Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O antigo colexio infantil de Oliveira en Soutomaior converterase nun viveiro de empresas

colegio oliveira

O concello de Soutomaior investirá 633.000 euros, dos cales 280.000 euros proceden dos fondos europeos NextGeneration, na rehabilitación deste inmoble no que se habilitarán tamén espazos para asociacións e agrupacións veciñais

O proxecto contempla a recuperación total do edificio do colexio para o seu uso público. A planta baixa do inmoble aloxará dúas salas multiusos de gran tamaño, unha para a realización de conferencias, seminarios e a segunda será un espazo diáfano para exposicións e actividades onde o espazo deba prevalecer sobre o mobiliario.

O primeiro andar do colexio converterase nun viveiro de empresas locais que permita aos emprendedores locais contar cun total de seis despachos, con conexións de rede de alta velocidade e todos os servizos necesarios, onde realizar as súas actividades e encontros laborais. A segunda planta do colexio destinarase ao uso veciñal. Nela habilitaranse seis salgas para que as asociacións e agrupacións veciñais poidan realizar as súas reunións e actividades.

O proxecto inclúe a instalación de calefacción e refrixeración mediante aerotermia alimentada por varios paneis solares, co que, en determinadas épocas do ano, o inmoble chegará a ser autosuficiente e producir toda a enerxía que se consuma no seu interior.

Para reducir máis o consumo mellorarase o illamento coa instalación dun sistema de ventilación mecánica con recuperación de calor, nova carpintaría metálica con rotura de ponte térmica e vidros con control solar para garantir unha climatización pasiva das estancias. Por último, renovaranse todas as instalacións de saneamento, fontanaría, pavimentos e mellorarase a accesibilidade do edificio con ramplas, ascensores e aseos adaptados en todas as plantas.

Con este proxecto, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, o Concello de Soutomaior aposta pola creación de espazos útiles para os veciños “a recuperación do colexio permitirá dinamizar o noso tecido empresarial dando máis oportunidades aos nosos mozos emprendedores e tamén será un espazo de encontro onde os veciños poidan realizar e participar en todo tipo de actividades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará