Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello sitúa en Vilar o vertido que tinguiu de branco o Alvedosa

alvedosa

A investigación do suceso queda agora en mans de Augas de Galicia malia que dende a Concellería de Medio Ambiente xa apuntan a que a súa procedencia habería en situala na parroquia de Vilar. Neste sentido, o edil Alberto Álvarez explica que, segundo as primeiras investigacións desenvolvidas dende o seu departamento en colaboración con Aqualia, a orixe sería un movemento de terra que provocaron que unha importante cantidade de “restos de áridos acabaran no leito do río”.

Os primeiros avisos chegaron ao redor das dúas da tarde de onte cando tanto a Policía Local como o 112 recibía numerosas chamadas veciñais alertando dun vertido que tinguía de branco as augas tanto no Maceiras como no río Alvedosa ao seu paso polo centro da vila. A alerta producíase ao redor das 14:00 horas e, segundo explican dende a Concellería de Medio Ambiente púxose en marcha un operativo en colaboración con Aqualia co obxecto de localizar o punto do que partía o vertido.

“Seguiuse o rastro río arriba ata chegar a Vilar, lugar no que se estaban a realizar obras polo que todo apunta a que a orixe do vertido sería un movemento de terras que provocou que unha gran cantidade de áridos acabase no leito do río”. Así o explicaba o edil que engadía que a investigación queda agora en mans de Augas de Galicia quen se encargou da recollida de mostras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará