Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para participar na Festa dos Maios

maios redondela

Cada maio participante recibirá unha achega de 100 euros e optará a algún dos premios en xogo nas diferentes categorías de maio artístico, maio tradicional, mellor interpretación e mellores coplas. O prazo de inscrición remata o venres 21 de abril.

As persoas interesadas en participar desta festa tradicional que cada primeiro de maio celebra a primavera coas máis variadas e sorprendentes esculturas vexetais teñen de prazo ata o vindeiro 21 de abril para se inscribir. Cada Maio participante, que deberá estar elaborado con produtos vexetais, contará cunha subvención por participar de 100 euros. O Concello reserva unha partida de ata 5.000 euros para o financiamento desta festa na que os participantes poderán facerse con diferentes premios, recibindo o primeiro clasificado de cada categoría de 300€, o segundo de 250€ e o terceiro 200 euros.

Na categoría de maio tradicional poderán participar os construídos con forma cónica ou de cruceiro a partir de materiais vexetais (especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas) e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. O resto das formas concorrerán na categoría de maio artístico.

As coplas deberán estar escritas en lingua galega e será imprescindible que cada maio conte, como mínimo, con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado.

Non serán admitidos a concurso aqueles maios con coplas que atenten contra as máis elementais normas de civismo e respecto á honra e dignidade das persoas.

Na avaliación das coplas terase en conta a retranca, o enxeño, o ritmo e a linguaxe utilizados, sendo penalizado o uso de palabras malsoantes e ofensivas. Na interpretación valorarase a posta en escena, a sincronización, a afinación das voces, a utilización de elementos de acompañamento (paus, caxatos etc.) e o uso das prendas que estean de acordo co modelo tradicional (boina, camisa branca e pantalón con remendos).

As bases e os impresos para participar pódense consultar na páxina web do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará