Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello acomete a modernización do alumeado público con lámpadas LED

luces led

A actuación comezou en Vilar de Infesta e continuará en Quintela ata completar todas as parroquias. En total suman 1690 luminarias led nas que se investiron máis de 150.000 euros de fondos propios. A renovación lévase a cabo con persoal municipal.

Os traballos supoñen un investimento de 150.000 euros e están a ser realizados polo persoal municipal co fin de evitar a externalización do servizo o que supón “diminuír custes e ter control directo sobre os traballos que se realizan. No Concello contamos con persoal máis que cualificado no servizo eléctrico para a realización destas tarefas e que, ademais, contará co reforzamento de tres persoas contratadas a través do Plan Concellos” explica a alcaldesa, Digna Rivas.

 A iniciativa xa comezou en Vilar de Infesta para continuar en Quintela ata completar todas as parroquias con 1690 luminarias. Esta renovación suporá “un substancial aforro ás arcas municipais e, a maiores, reduce a denominada ‘pegada de carbono’, diminuíndo as emisións de CO2.

A estas labores súmase o cambio do cableado do tendido eléctrico “naqueles lugares que as circunstancias e os informes técnicos o fagan preciso para, desa forma, optimizar o servizo que prestan”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará