Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Callón presenta en Redondela “O libro negro da lingua galega”

carlos callón

Un texto publicado por Xerais no que fai un percorrido por 500 anos de persecución ao noso idioma recompilando numerosos documentos históricos, dende o ano 1480 ata finais do século XX. A presentación terá lugar o mércores 12 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo de Carlos Callón.

Profesor de Xeografía e historia e durante anos cabeza visible da Mesa Pola Normalización Lingüística, Carlos Callón achégase a Redondela para presentar o texto “O libro negro da lingua galega”, unha obra que se centra na represión existente na lingua galega dende o século XV ata a actualidade.

No texto presta especial atención a represión padecida polo idioma dende as escolas “especialmente dura e especialmente continuada”, lembrando que non só é no período do franquismo cando se incide directamente sobre os máis novos para evitar que falen en galego, senón que esta represión remóntase séculos atrás e se prolonga máis aló de superado o franquismo.

Con todo, salienta que malia ese intento por acabar coa nosa lingua durante séculos, o galego “malia as dificultades, segue a falarse e segue vivo”.

Callón está a percorrer diversas localidades galegas presentando este libro, e este mércores chega tamén a Redondela da man do Servizo de Normalización Lingüística quen organiza tamén este venres día 14 a proxección do documental “Beiras. Vivir 2 veces” no Multiúsos da Xunqueira, ás 19:30 horas con presenza de Xosé Manuel Beiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará