Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A renovada praza de Ponteareas postúlase como escenario ao aire libre

marái do ceo

A recen reformada praza de Ponteareas albergaba este domingo o primeiro acto dende o remate das obras de humanización na zona. Un concerto a cargo da cantante portuguesa afincada en Galicia, María do Ceo que serviu para inaugurar unha praza que se podería converter nun novo escenario para a realización de actividades ao aire libre seguindo os pasos doutros espazos emblemáticos do centro da vila como a praza da Casa da Torre.

A zona de Vilavella encheuse este domingo de público para asistir a un concerto que servía de inauguración oficila da praza de Ponteareas, cuxas obras de reformar arrancaran en agosto do 2021 e remataban hai xa semanas cunha transformación importante nesta entrada de Redondela. Logrouse así integrar o conxunto monumental do Convento de Vilavella que se sitúa agora á mesma altura que a praza, creando un espazo máis amable, onde o viandante cobra protagonismo fronte aos vehículos.

Un proxecto redactado polo estudo de arquitectura Gándara y Pons e cuxa obra foi adxudicada á empresa Xestión Ambiental de Contratas por un importe de 736.182 euros.

O obxectivo agora é converter esta Praza “nun espazo de xuntanza e movemento para a veciñanza de Redondela. Para que gocen de concertos ao aire libre e poidan, comodamente e de balde, participar da vida social da vila”, segundo explicou a alcaldesa Digna Rivas.

A única pega é a falta de espazos de sombra, á espera de que crezan as árbores que salpican a praza, aínda moi febles para achegar esa sombra que tan necesaria se fai en xornadas como a de onte, nas que o sol foi protagonista ata ben pasada a media tarde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará