Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta licita por 460.000 euros a nova pasarela peonil na contorna do colexio Santiago Apostol en Soutomaior

pasarela soutomaior

Acondicionarase o itinerario na estrada PO-244 dirixido á circulación peonil, substituíndo a actual pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material, fincados no terraplén. Habilitarase unha nova pasarela en plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de 2 metros reforzando a circulación dos peóns de maneira segura. O obxectivo da Xunta é iniciar as obras no verán e telas rematadas no primeiro trimestre de 2024, xa que contan cun prazo de execución de 6 meses.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar por 458.674 euros as obras da nova pasarela peonil na estrada autonómica PO-244, situada nunha zona moi próxima ao colexio Santiago Apóstol, no concello de Soutomaior. As empresas interesadas en executar as obras teñen ata o 24 de abril para presentar ofertas, e o obxectivo da Xunta é iniciar os traballos no verán.

Con esta intervención acometeranse os traballos necesarios para a reposición da pasarela de madeira situada na marxe dereita desta estrada. Actuarase no tramo destinado á circulación peonil, formado por unha pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material, fincados no terraplén.

A nova pasarela executarase en plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de 2 metros, nos que se incluirán os correspondentes elementos de protección lateral, que disporán dunha altura de 1,10 metros.

Na actualidade, nesta pasarela da estrada PO-244 o conxunto de madeira atópase bastante deteriorado, polo que se considera necesaria a substitución, de maneira que garanta a circulación dos peóns de xeito seguro. O plástico reciclado no que se executará a pasarela é un material que ofrece unha alta resistencia á humidade e á intemperie, non se astilla nin sofre degradación, permitindo un mantemento máis sinxelo e é de fácil instalación.

Ao final do tramo de pasarela hai actualmente unha zona con varanda de protección lateral de madeira, que será retirada, e instalarase o mesmo sistema de protección lateral que na pasarela, de modo que se unifiquen os elementos da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará