Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Zampakilos solidario de Eroski recolle preto de 2.500 quilos de alimentos en Redondela

zampakilos

Esta cifra inclúese nos 50.000 quilos de alimentos contabilizados en toda a provincia de Pontevedra, cifra marca para a Fundación Provincial Banco de Alimentos cando se cumpren sete anos desta Operación Quilo, impulsada polo grupo empresarial galego e levada a cabo nun bo número de centros Eroski e Autoservicios Familia

En concreto, a nivel provincial recolléronse máis de 47.000 quilos de alimentos nos 34 supermercados na provincia de Pontevedra con presenza de voluntarios, ao que se suman os máis de 4.000 euros recadados a través das achegas económicas ao pasar por caixa e que, como sempre, converteranse en produtos de primeira necesidade

En Vigo e localidades da súa área de actuación recibiron máis de 33.000 quilos de alimentos, no caso de Redondela, recolléronse un total de 2.318 quilos de alimentos. Así mesmo, en Pontevedra e as súas comarcas recadáronse máis de 12.500 quilos de alimentos

A pesar da situación actual de prezos disparados dos alimentos, a cidadanía volveu a demostrar o seu compromiso e solidariedade coas persoas máis desfavorecidas. Desde a ONG valoramos enormemente o seu esforzo e empatía coa necesidade máis próxima

O Zampakilos Solidario levou a cabo durante o fin de semana do 10 e 11 de marzo en tendas Eroski e Autoservicios Familia de toda a provincia de Pontevedra.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu preto de 2 millóns de quilos alimentos durante 2022, un ano no que mellorou substancialmente a denominada cesta básica, adquirindo e repartindo alimentos máis saudables. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade atendemos a unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade da provincia ás que chegamos a través de máis 150 ONG e entidades homologadas coas que traballamos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará