Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Xove golea a un PazosFS que continúa en busca do “play off”

pazos fs

Xove 7-1 Pazos

O Pazos era consciente do difícil do encontro desta fin de semana xa que xogaban no campo do líder. Os de Pazos partían ademais coa carga das baixas. Con todo chegaron ao Centro Cívico de Xove co obxecto de pelexar, malia que os locias puxéronllo difícil. O Xove logrou unha contundente vitoria con eses sete tantos fronte ao gol que os visitantes lograron obra de Diego. Unha vitoria importantísima para o Xove que se proclamaron campións da terceira división e certificaron o seu ascenso a Segunda B.

Na vindeira semana cita na casa para o Pazos que recibe ao Vigo 2015 , sexto clasificado. Partido de vital importancia para asegurar o posto de play off de ascenso .

Redondela Maramar 9-1 Praias de Barreiros

Contundente vitoria a acadada esta fin de semana polo Redondela Maramar que brindaban a súa afección unha goleada de 9-1 ante o praias de Barreiros. Con todo, seguen nunha complicada situación, son penúltimos do grupo e na vindeira semana xogan no campo doutro rival moi necesitado de puntos, o Outeiro de Rei, situados na decimo terceira praza.

Beade 3-3 Campito

Na Preferente reparto de puntos para o Campito que visitaban o campo do Beade. Empate a tres tantos que deixa aos de Chapela no posto decimo segundo da categoría. Na vindeira semana reciben ao quinta de tui, un posto por baixo do campito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará