Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe ás protagonistas do programa “As mulleres contan. Percorrendo o camiño”

as mulleres contan

O Pazo de Petán acolle este venres ás 19:00 horas un acto homenaxe ás mulleres que durante os últimos dous anos pasaron polo programa radiofónico de Radio Redondela “As mulleres contan. Percorrendo o camiño” realizado en colaboración coa Concellería de Igualdade. Un acto aberto enmarcado na programación do 8M do Concello de Redondela.

Todas elas son veciñas de Redondela e achegáronse aos micrófonos da radio municipal para contar as súas experiencias no ámbito laboral, no deporte ou as súas vivencias persoais. En todo os casos, mulleres referentes con moito que contar por teren sido pioneiras en diferentes ámbitos como por exemplo realizar traballos en sectores masculinizados, por ter aberto camiño en deportes tradicionalmente de homes ou por ter amosado a súa fortaleza persoal en situacións complicadas 

Iria Vilaboa, Concelleira de Igualdade
A veciña de Negros, Mercedes Portela Rodríguez recibiu unha homenaxe na súa parroquia

As nosas conquistadoras

Por outra banda, e tamén dentro da programación do 8M, arrancou xa a xeira de homenaxes que se van realizar nas parroquias do concello co obxecto de visibilizar a aquelas veciñas que sexan propostas polos colectivos parroquiais.

A primeira homenaxeada foi a carteira da parroquia de Santo Estevo de negros, Mercedes Portela Rodríguez, unha muller de 80 anos que cando exercía repartindo as cartas “foi case unha confidente da veciñanza”. En cada unha destas homenaxes a artista gráfica Alba Fernández Toriteiro realizará un retrato que quedará para o centro cunha placa distintiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará