Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello anuncia o inicio da obras de humanización nos Camiños de Leitón, Parada e Pomba en Chapela

camiño leitón

As obras contarán cun investimento de máis de 200.000 euros e un prazo de execución de 2 meses e suporán unha transformación total dun espazo degradado. Segundo explican dende o Concello esta actuación responde “a unha demanda da veciñanza de Chapela dende hai máis de 30 anos”.

O Concello de Redondela anuncia o inicio nas vindeiras semanas das obras de humanización dos Camiños de Leitón, Parada e Pomba, máis coñecido como “Barrio de Japón” en Chapela. Uns traballos subvencionados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que segundo a alcaldesa, Digna Rivas, permitirán “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao municipio, pois o Barrio de Japón sempre foi a entrada a Chapela dende Vigo”.

Este proxecto “responde a unha demanda da veciñanza de Chapela dende fai 30 anos para solucionar o estado de deterioro e abandono no que se atopa a zona e cumprir co que os veciños e veciñas de Chapela merécense e necesitan ”.

O proxecto supón a transformación das principais vías de paso de Chapela. O importe total das obras ascende a máis de 200.000 euros

A empresa Construcións Vela encargarase da remodelación dos Camiños de Parada e Pomba e consistirán en realizar un varrido da superficie actualmente moi deteriorada e unha pavimentación completa, obras de drenaxe, colocación de novas tapas de pozos e arquetas de rexistro e o pintado da sinalización horizontal

Por outra banda, a empresa Oresa será a encargada da humanización no Camiño de Leitón, onde tamén se vai realizar un varrido da superficie a pavimentar, o fresado de entronques, o desmontaxe de bandas de redución de velocidade para posterior recolocación e o pintado para recuperar a sinalización horizontal. A superficie a pavimentar será todo o ancho da calzada dende o limite das propiedades, muros, cunetas, etc. A Execución de obras de drenaxe corresponderá a colocación da nova cota de tapas de pozos, reixas, e arquetas de rexistro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará