Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento de conciliación de Semana Santa en Soutomaior

conciliació

O programa, que vai dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, terá lugar durante os días 3, 4, 5 e 10 de abril e busca favorecer a conciliación laboral e familiar durante os días non lectivos da Semana Santa. As persoas interesadas en acceder a este servizo que pon en marcha a Concellería de Igualdade de deberán inscribirse antes do día 23 de marzo no CIM de Soutomaior.
O programa, que vai dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, terá lugar durante os días 3, 4, 5 e 10 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas, aínda que pais e nais terán a posibilidade de deixar aos cativos ás 8.00 e recollelos ás 15.00 horas. Poderán acceder a él veciños da localidade ou persoas que traballen no termo municipal.
Máis aló de favorecer a conciliación familiar, o plan busca ofrecer unha alternativa de lecer aos nenos do concello, mediante actividades lúdicas monitoradas por profesionais. En total, serán 50 os nenos que poderán gozar dunha praza do Espazo Concilia.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, o CIM comunicará ás familias as crianzas admitidas.
No caso de superárense o número de prazas solicitadas, terán prioridade as familias nas que ambos os titores estean a traballar; as familias monomarentais; e as familias con ingresos baixos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará