Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco recupera a carpa de degustación no Campo da Feira

festa do choco

Os establecementos interesados en participar na XXXVI edición da Festa do Choco que se celebrará entre o 11 e o 14 de maio deben inscribirse antes do 27 deste mes. Logo das restrición pola pandemia o Concello recupera a tradicional carpa que se instalará no Campo da Feira. Unha actividade que se desenvolverá en paralelo coas Xornadas gastronómicas celebradas nas últimas edicións.

 O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para aqueles establecementos interesados en participar na celebración da trixésimo sexta Festa do Choco. Os interesados poderán vender os seus pratos na propia carpa ou servilos para levar. O único requisito e que deberán ter como ingrediente principal o choco de Redondela. Os postos permanecerán abertos ao público a partir das 19:00 horas do venres 12 ata a unha da madrugada. O sábado e domingo ofrecerán os seus pratos xa dende as 10:30 horas. Toda a información pode consultarse na páxina web do concello.

 A alcaldesa Digna Rivas salienta a relevancia da Festa do Choco “declarada Festa de Interese Turísitico de Galicia que busca promover o patrimonio cultural e gastronómico do municipio”. Confía en que esta edición, na que se recupera a normalidade, supoña tamén un aumento considerable de participación e adianta que “haberá sorpresas cun programa completo, con actividades para tódalas idades, Showcookings e música con concertos e orquestras ao longo da fin de semana”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará