Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas da SAR logran a vitoria na súa visita a Valladolid

sar

O equipo que dirixe Vero Posada na división de honra prata feminina e que nas últimas semanas sufriu baixas importantes, non deixa de pelexar. Fronte a un equipo que loita polo Play-off a Sar fíxose coa vitoria cunha intensa defensa que cortou o ataque do Valladolid. Pola contra, a Sare Plastic Omnium regresou de Ribadavia sen puntar.

Hand Vall Valladolid 27 – SAR Rodavigo 29

As xogadoras da SAR arrancaron con forza e en apenas 10 minutos xa tiñan conseguido unha pequena vantaxe sobre as rivais. Con todo as locais souberon reaccionar e incluso chegaron a porse por diante chegando ao descanso cun apertado 15-14 no marcador.

Na segunda parte matívose a alternancia no marcador, pero aos dez minutos do final o equipo da SAR foi quen de manter a vantaxa ata a vitoria final por 27-29. Na vindeira semana reciben nba bomboneira ao Fuentes Carrionas.

Balonmán Ribeiro Rodosa 29 – SAR Plastic Omnium 20

Na primeira nacional a SAR regresou de Ribadavia de baleiro. Malia un inico moi igualado a partir do minuto dez o Balonmán Ribeiros comezou a colle vantaxa chegándose ao descanso cun 15-9 a favor dos locais. Na segunda metade, os de Redodnela non eran quen de superar a defensa chegándose ao final cun 29-20.

A Sar teno ademais moi complicado de cara a vindeira fin de semana xa que, malia xogar na casa, recibe ao líder da Primeira Nacional, o Ampate Lanzarote.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará