Hoxe é Sábado 9 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mauro Lago: “No campo da investigación emigrar é a mellor opción”

Mauro Lago 2

O redondelán Mauro Lago Docampo (1993) investiga a Hipertensión Arterial Pulmonar na Universidade de Stanford. A UVigo conta cun dos poucos grupos españois que tratan de descifrar a bioloxía molecular desta patoloxía baixo a dirección da catedrática Diana Valverde. Alí iniciou a súa traxectoria científica que continua como investigador postdoutoral no Ravinovitch Lab da Universidade de Stanford, dirixido por unha das expertas internacionais máis reputadas e veteranas nos estudos sobre HAP.

Lago, considera que á oferta laboral en España para investigación ao acabar a Tesis “é pésima”. Emigrou   EEUU para traballar na universidade de Stanford, onde non lle faltan ofertas nin ten trabas no financiamento dos seus estudos.  “Decidín emigrar porque as ofertas eran moito mellores aquí e teño a liberdade para gastar o que preciso para facer realidade o obxecto da miña investigación”.

Explica que as oportunidades en EEUU son infinitamente mellores chegando a ter salarios do dobre que en España, onde non hai unha industria que capte á xente que remata o doutorado. Considera que os investigadores están infrapagados e que “despois de estudar, podes estar meses sen traballar. Non buscan aos titulados en estudos superiores como en Estados Unidos, algo que si fai a industria farmacéutica norteamericana”.

Lago ten claro que para lograr un posto con boas condicións e de calidade “no que se poida continuar o traballo de investigación con liberdade” é preciso ampliar estudos para poder destacar nun país como os EEUU onde a competencia é moi elevada. O seu consello pasa por fuxir de carreiras super-especializadas e optar por carreiras máis amplas. “Moitas carreiras específicas como a Biomedicina son un timo por non estaren ben recoñecidas”.

Mauro Lago conta que, malia botar de menos Galicia,  aínda lle quedan uns anos en California e que, polo de agora, non ten intención de regresar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará