Hoxe é Sábado 9 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de 21 anos por conducir sen carné e por agredir aos axentes da Policía

poli

O detido estaba facendo “trompos” na explanada do Meirande ao tempo que un familiar gravaba as súa acrobacias ao volante. Está acusado dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria e por carecer de carné, un segundo delito de atentado a axentes da autoridade e un terceiro por ameazas graves.
Os axentes da Policía Local achegáronse ao lugar tras recibir chamadas sobre as seis da tarde de onte sobre a presenza dun BMW que estaba facendo conducións temerarias e derrapando, causando molestias ás persoas que se atopaban paseando na zona.
Unha vez no lugar, o condutor tentou darse a fuga tendo que ser interceptado o vehículo, momento no que emprendeu a fuxida a pe. Unha vez alcanzado polos axentes o mozo, veciño de Vigo, púxose violento sendo preciso o apoio de máis patrullas, acudindo ao lugar outro vehículo de policía local e nacional, chegando a arremeter o acusado contra un dos policías dándolle unha patada polo que se procedeu a súa reducción. Xa no interior do vehículo policial, continuaría a súa actitude violenta autogolpeándose en varias ocasións e lanzando unha patada golpeando no peito e pescozo a outro dos axentes, e comezando a ameazalos de morte.
Por todo o acontecido, foi detido e trasladado a comisaría acusado dun delito contra a seguridade viaria, xa que carecía de carné de conducir, de atentado a axentes da autoridade e de ameazas graves.
O familiar que gravaba os derrapes, un tío do condutor, foi tamén acusado de cooperador necesario, xa que o coche é da súa propiedade e era coñecedor de que o seu sobriño carecía de carné.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará