Hoxe é Sábado 9 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos repartirá 3.000 racións de cacheira na súa festa gastronómica

festa cacheira

A cita terá lugar este domingo nun recinto pechado para evitar as inclemencias meteorolóxicas. A cacheira servirase como manda a tradición: cocida e troceada, con acompañamento de chourizo e grelos a un prezo de 10 euros. O pregón terá lugar ás 13:30 horas e correrá a cargo de Lito, o cantante de Orquestra Panorama. O concelleiro de cultura, José Angel Cerezo explica que esta cita supón volver xa completamente á normalidade, logo de que as edicións anteriores estiveran marcadas pola pandemia.

O Concello de Pazos de Borbén celebra este domingo a XXII Festa da Cacheira, a cita gastronómica máis popular do municipio e unha das festas culinarias máis consolidadas do inverno en toda a provincia.

As celebración desenvolveranse no pavillón municipal de deportes e o programa arrancará ás 12 do mediodía coa actuación da charanga Os Charamujas e o desfile da comparsa de entroido dos veciños da parroquia de Cepeda. Ás 13 horas terá lugar o tradicional pregón, que este ano correrá a cargo de Lito, o cantante e director de Orquestra Panorama.

josé Angel Cerezo, Concelleiro de Cultura de Pazos

O xantar estará amenizado polo grupo local de música tradicional Ardelle ou Eixo. Para completar o ambiente familiar da celebración tamén se habilitará unha zona infantil con atraccións inchables. Como en anteriores edicións, o prato poderase degustar no recinto da festa ou levarlo para consumir en casa. O prato completo ten un custo de 10 euros e tamén se ofrecerán racións de churrasco.

A “cacheira” ou “cachucha” servirase como manda a tradición: cocida e troceada, con acompañamento de chourizo e grelos. Está previsto servir unhas 3.000 racións, polo que serán necesarios máis de 1000 quilos de cabeza de porco, 900 de grelos e 250 de chourizo.

Xuntanza dous pensionistas

Como inicio dos festexos da Cacheira, o Concello celebra este sábado pola tarde a cuarta edición da Xuntanza do Pensionista. Unha tarde dedicada aos maiores da casa e os xogos familiares tradicionais como a brisca, o tute e o dominou. As primeiras partidas comezarán a partir do cinco da tarde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará